Neste espectáculo o artista repasa anécdotas da vida e obra deste xenial escritor afincado durante máis de vinte anos en Nigrán (e enterrado no municipio) co obxectivo de voltar a gozar da súa literatura e de descubrilo a quen non o coñeza. A entrada é de balde. O actor, director, tradutor e monologuista Avelino González (Vigo, 1962) foi un dos fundadores de Tranvía Teatro e tamén de Ollomol Tranvía, sendo popularmente coñecido polo papel de ‘Miñato’ na serie ‘Padre Casares’.