A Igrexa de Fátima conta desde este venres cun conxunto escultórico que reproduce as figuras dos tres pastores de Fátima, realizado ao abeiro dun convenio entre a Deputación de Pontevedra e a parroquia.
Durante o acto de inauguración, o rexedor aludiu á importancia do traballo compartido e felicitou á presidenta Carmela Silva, ao párroco e ao Obispo por térense unido neste proxecto para a cidade. Ademais, recoñeceu o traballo dos mestres canteiros que pode apreciarse nas esculturas que «formarán parte viva da contorna da Igrexa».
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo en valor o labor realizado pola Escola de Canteiría da Deputación e destacou a cooperación de todas as partes neste proxecto.