“Nos últimos 20 anos os gobernos de Pornic e Baiona logramos promover intercambios en materia cultural, turística, deportiva, medioambiental e de educación. Este irmandamento naceu co desexo de compartir, intercambiar, apoiar e, como non, desenrolar actividades de forma conxunta para que os cidadáns tivesen a oportunidade de establecer vínculos de amistade”, sinalou Rodal durante o seu discurso en Pornic.
Durante a fin de semana tamén se celebraron diferentes actividades nas que participaron bandas de música de Baiona e de Pornic nas rúas da localidade gala. Ademais, organizouse unha exposición co motivo do aniversario.
Baiona está irmandada dende 1997 con Pornic, localidade da Bretaña francesa de características similares á Real Vila, polo que son habituais os intercambios culturais, deportivos e educativos. En materia náutica celébrase a regata de vela que une os dous municipios.
O pasado mes de febreiro, días antes da celebración da Festa da Arribada, unha delegación de Pornic acudiu a Baiona e agasallou ao Concello un cadro da localidade bretona en conmemoración do vixésimo aniversario do seu irmandamento.