Nos colexios de Educación Infantil e Primaria impartiuse un obradoiro de música tradicional a cargo dos grupos Xógara e Tangaraño e para os estudantes de segundo e terceiro cursos da ESO do Instituto mosense o actor Candido Pazó interpretou este venres no Multiusos das Pozas a obra de Xosé Neira Vilas, “Memorias de un neno labrego”.
Candido Pazó é un artista moi versátil que tanto cultiva o conto tradicional, a historia tabernaria ou o monólogo cómico, adaptándose camaleónicamente a cada tipo de programación e público.
O obxectivo desta iniciativa é o de de ofertar actuacións atractivas para a xuventude. A actividade consistiu nun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral. Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.