En concreto, nesta edición do 2017 participarán 21 equipos de fútbol feminino da provincia de Pontevedra, entre os que se atopan o Portonovo S.D., S.C.D. Salcedo, Umia C.F., S.C.D. Pontecaldelas, Atlético Arousana, Armenteira C.F., Arcadia E.F., At. Estrada E.D., JUV. Cambados, S.D. Puentearnelas, Sárdoma C.F.F., F.P.R. El Olivo, Balaidos C.F., U.D. Mos, Atlético de Matamá, Racing de Vilariño, E.D.V.M. Pereiro C.F., C.P. Alternavia, CCAR Valladares, TYDE C.F. e Tomiño F.C. FEM.
Na Copa Deputación de Pontevedra de fútbol, que comeza o vindeiro domingo, terán lugar cinco eliminatorias que se pecharán cunha gran final a finais do mes de xuño. O ano pasado a final, disputada entre o Atlético Arousana e o F.P.R. El Olivo de Vigo, tivo como gañador ao equipo das viguesas.
A final da Copa Deputación Feminina de Fútbol 2017 terá lugar en Cambados, ao abeiro do protocolo asinado entre a institución provincial e o concello con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño. A Deputación de Pontevedra achega para a posta en marcha deste evento deportivo feminino un total de 20.000 €.