O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou o seu sentimento ás familias dos falecidos e feridos en «este acto de barbarie» e expresou a solidariedade dos gobernos locais de España coas autoridades locais da cidade británica.
«A violencia contra os cidadáns non ten xamais unha xustificación e moito menos cando se trata de persoas tan novas», sinalou o alcalde. «Na nosa sociedade non teñen cabida estes actos nin ningún outro que leve manifestacións violentas, actos execrables e condenables contra os que habemos de loitar, tamén desde os gobernos locais, porque atentan directamente contra a nosa xente, contra o corazón das nosas cidades e os nosos pobos», engadiu Caballero.