O rexedor invitou hoxe luns a toda a cidade a acudir o próximo mércores 14 de xuño, ás 20,30 h, ao concerto reivindicativo que a Coral Casablanca ofrecerá na Porta do Sol. Esta iniciativa é a primeira das mobilizacións que o goberno local desenvolverá para reclamar a alta velocidade a través da variante de Cerdedo, para que a Xunta e o Goberno de España saiban que «non nos van tomar máis o pelo obrigándonos a ir a Madrid a través de Santiago». Nesta liña, Caballero criticou o «entusiasmo» da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ao asegurar que a conexión de Vigo en alta velocidade sería a través de Santiago o que implica, segundo Caballero, que o traxecto en alta velocidade -Vigo-Santiago-Ourense levará o mesmo tempo que agora supón ir directamente desde Vigo ata Ourense en tren convencional. «O suposto avance de Vigo en alta velocidade é unha tomadura de pelo».
Caballero comparou esta situación co intento, fracasado, do presidente da Xunta, de crear o aeroporto único de Santiago e agora «propón unha estación de AVE única». Reclamou a tramitación inmediata da declaración de impacto ambiental, que leva 5 anos de atraso, concluíu