«Trátase dunha obra importante e demandada dende a comunidade educativa da Galiña Azul, a única escola infantil pública de primeiro ciclo do municipio», sinala o alcalde, Juan González, quen incide no compromiso do goberno coa educación pública e de calidade. Nesta liña, precisamente a semana pasada o Concello instalou unha marquesina no colexio Humberto Juanes para os nenos que empregan transporte escolar.
A obra consiste na impermeabilización de petos e petriles mediante a instalación dunha lámina de PVC de 1,5 mm termosoldada, así como a colocación de cazoletas de desaugadoiro lateral e novas cazoletas e petriles.