O concelleiro socialista Carlos López-Font censurou a candidatura autonómica presentada a semana pasada para as Illas Atlánticas e denunciou a «falta de respecto» da Xunta de Galicia, pois o Concello de Vigo leva catro anos traballando na candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade da Unesco.
«Sería tremendo», engadiu, que as dúas candidaturas pasasen ao Ministerio de Cultura, polo que instou ó Executivo autonómica a retirar «de inmediato» a súa proposta e a poñerse a disposición do goberno vigués para lograr este recoñecemento para as Cíes.
O edil apuntou que este é un «tema importante para Vigo e para Galicia», é «un obxectivo dos vigueses» pero tamén «de todos os galegos», e como tal debe ser atendido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Font recordou que as candidaturas a Patrimonio da Humanidade parten dos concellos, dos territorios afectados, neste caso da cidade de Vigo. O concelleiro planteou «subsanar o que se fixo mal» polo que insistiu na petición á Xunta de retirada da súa proposta e apoio á candidatura municipal, «a única candidatura posible».