O taller de iniciación á pintura mural tiña por obxectivo pintar a parte baixa da parede coa colaboración activa dun grupo de participantes, principalmente enfocado á xuventude. O lugar elixido para pintar o graffiti foi porque se trata dun contorno no que se concentran o Instituto, o Colexio de Petelos, a Piscina Municipal, o Pavillón Óscar Pereiro e a OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil, e é polo tanto unha zona de gran afluencia de nenos e mozos.
Elixiuse como lema principal da exposición gráfica la palabra «Demostra» por ser unha expresión alusiva a valores de esforzo, motivación e superación que implica tanto forza como un enfoque positivo que incrementa o valor de este proxecto.
A palabra «DE-MOS-TRA» contén dunha forma clara o nome do Concello. Recalcouse este aspecto utilizando principalmente as cores vermella, amarela e branca do escudo, facilitando que o mural poida transformarse nunha imaxe identificativa tanto o Concello como para todos os veciños.
O taller constou de dous niveis segundo as idades e aptitudes dos participantes: «Juniors» e «Nivel 2. Os juniors de ata 10 anos e sen experiencia previa realizaron o recheo das letras (previamente delimitadas) con salpicaduras, manchóns, marcas cas mans, etc. Esta parte do taller consistiu nunha primeira toma de contacto ca pintura mural de forma divertida e amena. Antes de comezar se lles orientou sobre o que debían pintar, como e onde. Os rapaces do Nivel 2, participantes de máis de 10 años, o con algunha experiencia previa, axudaron na decoración floral que enmarca ás letras.
Cada un dos niveis comezou o obradoiro cunha charla orientativa enfocada á introdución nas técnicas que se utilizaron, a planificación e o desenvolvemento do proceso. A clausura do curso contou esta tarde coa visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, que puideron observar de primeira man o espectacular resultado do graffiti xa rematado.