O goleador Silva seguirá no equipo tras asinar 13 goles esta tempada despois de estar ata decembro sen poder xogar por problemas de pube. O xogador rematou en gran forma a tempada e, de feito, foi totalmente decisivo na permanencia do equipo e no título de Copa Deputación. O Choco agradece que o futbolista continúe no club porque coñece que rexeitou ofertas superiores á do Choco nivel económico.
Xunto a el continuará en Redondela Félix Rial, un titular constante dende que chegou e entidade e que xoga como mediapunta ou no extremo, e o canteirán Ricardo Vaz, ‘Ricar’. O dianteiro, que alternou co segundo equipo, tentará continuar a súa progresión.
Xunto a eles, o porteiro David Cortegoso continúa un ano máis no equipo. O gardameta redondelán é un dos mellores futbolistas no seu posto da categoría e tamén un activo no club, no que levan moitos anos e no que esperemos que continúe o máximo tempo posible. Veciño da vila, é unha auténtica referencia.
Otro año en casa ?????????? pic.twitter.com/JNh8xl8QzX
— Diego Silva Carrera (@silvatominho) 16 de junio de 2017
Cinco baixas confirmadas
No capítulo de baixas, saen do equipo Caloi (regresa a Finlandia), Alberto Rey e Óscar Pérez (que deixa o fútbol). A estes engádense nas últimas horas a do porteiro Adrián Malvido e o mozo Juan Carlos Couñago ‘Calitos’. Adrián xogou a Copa Deputación cun gran rendemento e na competición ligueira atopou por diante a un extraordinario David Cortegoso. Aínda así, sempre que estivo no campo amosou un gran rendemento.
Pola súa banda, Carlitos é un canteirán do Choco que tivo os primeiros partidos en Terceira esta tempada e que o club espera que siga o seu crecemento no seu futuro equipo.