Ronald, de 21 anos, formou parte do Choco hai dúas tempadas e, a pesar de contar con poucos minutos en Terceira, foi habitual na Copa Deputación. Marcos Montes tiña a intención de manter o futbolista no equipo, pero decidiuse polo Vilalonga para tentar dispoñer de máis minutos. O técnico volveu a insistir ó remate da tempada e o xogador aceptou regresar ó seu club de formación.
Deste xeito, o Choco recupera a un futbolista da casa -chegou a entidade en idade infantil con 13 anos-, no seu intento de contar co máximo número de canteiráns posible. Ronald é un lateral alto e corpulento, de moita capacidade física e chegada ó área contraria. É dicir, un futbolista que de adapta ben a proposta de fútbol ofensivo de Marcos Montes.