Como é característico, neste mes de xullo acumúlanse os Campionatos Nacionais. Murcia e Torrent acollerán cadanseus Campionatos de España. No primeiro deles, tres dos cadetes da Escola Celta Atletismo buscarán unha boa clasificación e mellorar os seus rexistros do ano. Ademáis, procurarán sumar unha experiencia máis na súa curta carreira coma célticos. David García (lanzamento de martelo), Eric Méndez (lanzamento de martelo) e Antía Sestelo (lanzamento de jabalina e martelo) serán os representantes do Celta.
Seguindo no Levante, neste caso na cidade valenciana de Torrent, celebrarase o Campionato de España Promesa. Catro célticos acadaron as marcas mínimas requeridas: Pedro Juncal (400m), Miguel Cajaraville (salto con pértega), Adolfo Sáinz-Maza (Decathlón) e Celia Pérez (1500m). As mellores opcións recaen na figura de Adolfo, que intentará estar de novo nun podio nacional na combinada.