«Hay unha gran afección en Nigrán a este deporte urbano entre os rapaces, por iso dende o Concello queremos apoialos organizando este campionato dunha disciplina que, inxustamente, é máis descoñecida que o skate», sinala o alcalde, Juan González, quen aposta a que a competición «chegue a ser unha referencia en Galicia e, por tanto, se manteña no calendario deportivo de Nigrán». «Traballamos para crear dende o inicio un evento forte que vaia gañando aínda máis peso nas seguintes edicións», sinala Abilio Senra dende a organización.
En total, participaron 60 riders (nome que reciben estes deportistas) entre os que se atopaba o mallorquín Borja Mauricio (décimo mellor de España), Adrián Cabanelas (entre os mellores de Galicia) e Iago Senra, principal referencia en Nigrán, onde este deporte urbán reúne a unha gran canteira de rapaces.
A competición, que contou con categoría master e pro (os máis experimentados) arrancou ás 11.00 horas con con inscricións e adestramentos durante toda a mañá para reanudarse ás 17.00 horas coas roldas clasificatorias.