Os próximos días 27, 28, 29 e 30 de xullo, 12 food trucks ofrecerán aos asistentes cadansúa proposta culinaria gourmet. Ademáis, durante os catro días ‘Rilla na Rúa’ traerá concertos, obradoiros, espectáculos… O evento conta coa colaboración de Mahou, Sousas, Petroni e Garaje y Sal.
«Se na primeira edición do ano pasado se chegaron aos 12.000 asistentes, nesta ocasión agardamos incluso superar esa cifra se o tempo acompaña. É un evento que atrae a todo tipo de público que quere degustar nunha contorna agradable todo tipo de manxares a prezo asequible e ademáis disfrutar destes concertos e do Nigranjazz», sinalou o rexedor, Juan González, durante a presentación.
Cabaret infantil e música en directo, hamburguesas gourmet, arepas, xeados… Calquera que se achegue estes días ao Paseo da Ramallosa poderá gozar durante todo o día de distintas propostas gastronómicas, música swing, djs e actividades familiares, como o cabaret infantil de Nelson Quinteiro ou obradoiros de globoflexia, maquillaxe e elaboración de chapas e chaveiros.
Nesta segunda edición participarán 4 novas caravanas con propostas diferentes co obxectivo de dar un mellor servizo e variedade ao gran público que se prevé, así, se incorporarán ‘Km Fuego’, comida desenfadada con toques orientais; ‘LaconLover’, propostas gastronómicas co porco (especialmente o lacón) como protagonista; ‘Misco-midas’, cociña de autor con fusión canaria; ‘Bendita Atabaka’, cocina vasca canalla e, finalmente, na zona do festival Nigranjazz estará ‘Crepe Cabaret’ con crepes doces e salgados.
‘Rilla na rúa’ porá tamén o seu punto de animación ao Nigranjazz ofrecendo a actuación de ‘The Alley Stompers’ o sábado 29 ás 19:30 horas no Auditorio de A Foz. Trátase dunha formación ao máis puro estilo das Brass Bands americanas que tocará en directo para bailaríns de swing. A formación representa unha viaxe atrás no tempo, recreando a atmósfera de New Orleans dos anos 20 ou 30, unha época en que o jazz se afirmou como música popular. O francés Wilfried Wilde ao banjo, Óscar Prieto á tuba e Chus Pazos á batería, forman unha sección rítmica de luxo, que acompaña ao saxofonista siciliano Rosolino Marinello e ao crooner e saxofonista Toño Otero que, coa súa voz tenor aterciopelada, transmite un auténtico son de época.
Ademáis, ‘Rilla na Rúa’ contará outra vez coa compañía de Nelson Quinteiro, especializada en teatro de rúa e intervención urbana, cabaret, burlesque infantil e animación; ou con Dj Almagato, residente de La Fiesta de los Maniquíes que pechará o domingo o evento.