A UTE formada por Xestión Ambiental de Contratas e Construcións Orega está a recuperar neste enderezo un antigo inmoble para crear catro vivendas con superficies comprendidas entre os 52 e os 77 metros cadrados, coa particularidade de que todas contarán con acceso independente desde a rúa, dous dormitorios, salón-comedor, baño e zona de lavadoiro e tendal.
Dúas delas serán tipo dúplex e dúas terán unha zona axardinada. O proxecto ten un orzamento de 355.000 euros. O edificio tivo que ser demolido tras a súa adquisición polo Consorcio dado o seu estado de abandono, pero está prevista a recuperación da súa fachada orixinal.
Paralelamente, a empresa Prace, Obras e Servizos executa en Subida á Costa 5 unha nova vivenda e un local. O piso, situado no primeiro andar, terá unha superficie útil de 70 metros cadrados e disporá de 2 dormitorios, salón-comedor-cociña, baño e lavadoiro-tendal.
Pola súa banda, o baixo comercial ten prevista unha superficie lixeiramente superior aos 95 metros cadrados, divididos en planta baixa e soto. O proxecto ten un orzamento de 201.000 euros e está prevista a súa conclusión para que poida realizarse o concurso de adxudicación en xaneiro.