Abel Caballero felicitou aos comisarios da exposición, á Fundación Carlos Casares e á súa familia por recuperar a memoria «dun grande escritor, gran creador de cultura e un home moi importante na historia de Galicia, que reforzou a propia base da cultura galega».
A mostra «Carlos Casares e a fotografía» achega ao público imaxes de retratos familiares e viaxes do autor e a súa familia, algunhas tiradas polo propio autor e outras nas que aparece fotografado.
No transcurso da inauguración, o rexedor salientou a capacidade creativa de Casares que foi quen de converter as súas afeccións «nunha mostra de desenvolvemento cultural, o que o fai un personaxe irrepetible, que dadas as súas facetas e riqueza persoal sacaba un proxecto cultural de cada un dos seus instantes».
A mostra poderá visitarse na Casa da Cultura Galega ata o 3 de setembro.