Con esa doazón, distribuirase material de aprendizaxe en zonas devastadas pola guerra, incluíndo as de difícil acceso e sitiadas como Aleppo ou Homs. Repartirase subministración básica de educación primaria para 1.200 nenas e nenos, subministración básica de ocio e recreación para 1.800 nenas e nenos e subministración básica de educación de primeira infancia, ata os 5 anos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou que o consistorio comeza así a colaborar con Siria mediante unha «acción directa de apoio humanitario” pero que non se descarta “ampliar cantidades en función do que vaia propoñendo UNICEF».