A temática dos relatos deberá estar relacionada cos valores e o patrimonio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, como a súa flora e fauna, paisaxe, tradición, lendas e historias sobre os distintos arquipélagos.
Os contos deberán enviaranse baixo pseudónimo, ben por correo ordinario (Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Rúa Oliva 3, Vigo 36202) ou por e-mail ao enderezo iatlanticas@xunta.es.
Poderán presentarse textos orixinais en galego ou castelán. Así mesmo, establécense dúas modalidades: unha de relatos curtos, cunha extensión mínima de 900 palabras e máxima de 1.500; e outra de microrrelatos, cun máximo de 500 palabras. Cada participante poderá concursar cunha historia inédita para cada modalidade e que non fora premiado anteriormente.
Os galardóns consistirán nunha visita ao Parque Nacional e un lote de material divulgativo relacionado cos espazos protexidos. Ademais, editarase un libro cos relatos gañadores e os seleccionados de cada categoría, entregándolle cinco exemplares da publicación ás persoas gañadoras, tres aos clasificados e un a cada participante.
As cores das illas
A cuarta edición do concurso fotográfica ‘Unha mirada ás túas illas’ convida á participación de fotógrafos profesionais ou afeccionados, que desexen captar as cores que mostran as Illas Atlánticas de Galicia que reflicten a diversidade da vida, a cultura e as paisaxes dos distintos arquipélagos.
Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías (unha para cada categoría) por participante adulto e unha para a modalidade xuvenil. As fotografías que se presenten deben ser inéditas e só se poderán presentar fotografías en formato dixital.
Haberá dous galardóns (1º e 2º) por cada modalidade e categoría. O xurado fará unha selección das 5 mellores imaxes por modalidade e categoría e elixirase mediante votación ao gañador entre os seleccionados.
O primeiro premio consistirá nunha ruta dun día para o premiado e un acompañante polas Illas do Parque Nacional a bordo dunha embarcación tradicional-histórica. Os segundos premios consistirán nun lote de publicacións sobre o Parque Nacional, adecuadas á modalidade e categoría á que se presentaron os autores.