O Porto Pesqueiro de Baiona acolleu xa o venres a tradicional regata de gamelas, que cumpriu tres décadas cunha nova vitoria da familia Liébanas, como pistoletazo de saída para as Festas da Anunciada que organiza durante todo o fin de semana a Concellería de Cultura.
O mesmo venres celebrouse o concerto de Seguridad Social, que tivo como teloneiros ao grupo La Patrulla, de Baiona, e durante a tarde celebrouse o espectáculo de rúa a cargo do malabarista “Pablo Trasno” en Carabela Pinta.
Este sábado as actuacións se intensificaron dende a mañá coa comparsa de Xigantes e Cabezudos que fixeron as ledicias dos máis pequenos. Composta por dez cabezudos (A Ratita, Popeye, Diaño, Napoleón, Negro, Negra, Pallaso cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato cabeza pequena e a Bruxa cabeza pequena) e dous Xigantes (Rei e Raíña), bailaron ao son do grupo de gaitas “A Seneira de Baiona” durante o seu percorrido polo Casco Histórico de Baiona.
A mediodía a Banda de Música de Baiona ofreceu un concerto na Praza do Concello e xa pola tarde celebrouse a Misa Solemne na igrexa de Santa María coa procesión posterior polas rúas da Vila. Posteriormente estaba previsto un dos momentos máis emotivos das Festas da Anunciada coa actuación da tradicional Danza das Espadas na praza de Santa Liberata.
Despois da tirada de fogos e luces, programada para as doce de noite, será a quenda da idade de Ouro do Pop Español, cun repaso aos éxitos da música dos anos 80: Alberto Comesaña, de Amizades Perigosas; Pablo Perea, da Trampa; Joaquím Padilla, de Iguana Tango, e Chus Herranz, de Musicais.
Para o domingo, volverán as comparsas de Xigantes e Cabezudos (11:30), pasarrúas del Grupo de Pandereteiras Monte Boi (12:00) e do grupo de gaitas “A Seneira” ata o parque da Palma (13:00), así como unha nova representación da Danza das Espadas (13:30) e entrega de placa de homenaxe a un compoñente da agrupación.
As cucañas marítimas no Porto Pesqueiro serán ás 17:00 horas e as 20:30 horas, nos xardíns da Casa-Museo da Navegación, espectáculo de circo e acrobacias aéreas “Circo Alas”. Ás 23:00 horas chegará a Gran Gala Musical na que actuará o músico colombiano Sebastián Yatra, que estará precedido por Tina Cousins, Melody, Karina e Bordon 4.