Trátase dunha andaina de 5 quilómetros chea de escenas de medo polos camiños de Monte Castelo e con parada no Mirador dos Mouros.
Nesta edición variouse un pouco o percorrido e cambian os sustos, realizándose en grupos de 30 persoas. Ao finalizar os participantes recibirán un chocolate.
A saída será dende o campo de fútbol sala de Parada (á altura de Rúa Refina nº 19). Para máis información e inscricións os interesados poden contactar no teléfono 628 986 597.