«Os últimos controis microbiolóxicos nas zonas de baño de Galicia (realizados dende a Xunta os días 15 e 27 de agosto) son públicos e confirman que a calidade da auga en Praia América cumple con tódolos parámetros para que sexa considerada excelente e, polo tanto, é apta para o baño», explica o alcalde de Nigrán, Juan González, nun comunicado de prensa.
“O dano que está causando a Xunta ao municipio dicindo esta mentira é irreparable, buscan confundir á veciñanza e visitantes xogando con algo moi serio. As súas propias analíticas son públicas e confirman que a calidade da auga en Praia América é excelente, o problema de contaminación é no río e está convintemente sinalizado”, indica o alcalde, Juan González.
Segundo o goberno de Nigrán, a Xunta de Galicia está tratando de confundir a opinión pública dende o 9 de agosto, cando unha análise negativa na desembocadura do río Muíños revelou un problema de contaminación no cauce que quedou atallado ese mesmo día e sen que volvese a afectar á praia, tal e como certifican as análises da Xunta e de Aqualia dos días posteriores e ata agora. “O problema persiste no río, hai carteles que prohíben o baño, na praia a auga é excelente. O certo é que foi un verán sen precedentes en Nigrán e están atacando onde poden facer máis dano a nosa imaxe, están empregando as peores das mentiras nun tema moi sensible, no teño dúbida de que se trata dunha campaña orquestrada dende a Consellería de Sanidade co único fin de desestabilizar un goberno consolidado como o de Nigrán”, sinala.
O goberno de Nigrán pedirá explicacións á Xunta de Galicia por «todas estas mentiras que danan dun xeito irreparable a imaxe do municipio e tomará tódalas medidas que estime oportunas para que se rectifique e se recoñeza a realidade dos feitos».
“A dilixencia deste goberno municipal se manifesta en que o 9 de agosto, en menos de 24 horas, resolveuse por un lado un atasco puntual na rede de saneamento no entorno de Gaifar (solventado ás 17:00 horas) e por outro un verquido á rede de pluviáis do SAU 3 (solventado ás 20:00 horas). Sen embargo, a Xunta tardou 48 horas en comunicarnos unhas analíticas negativas e menos dun minuto en mentir descaradamente dando información falsa”. Nesta liña, Concello e a empresa concesionaria Aqualia seguen a traballar arreo para acabar con tódolos verquidos que manteñen a contaminación no río, así, nos últimos días detectáronse e reparáronse dúas conexións de fecais a pluviais feitas no seu día pola Xunta na estrada autonómica PO-325 e que incidían directamente no río Muíños.