O director da Axencia Galega de Infraestruturas salientou que a Xunta carece de competencias para promover directamente este proxecto, xa que afecta a unha autoestrada estatal e a unha vía urbana. Sen embargo, Menéndez salientou que a atención que a Xunta presta á cidade de Vigo e ás súas necesidades queda demostrada no feito de ter posto sobre a mesa ese asunto na primeira reunión da comisión conxunta sobre a Ap-9.
Nesa xuntanza sobre a Ap-9 na que participaron representantes da Xunta e do Ministerio de Fomento na que se acordou solicitar ao Concello de Vigo que presentarse unha proposta técnica de actuación para a integración urbana dese treito de autoestrada. Hai que ter en conta que esa actuación afecta a unha vía municipal, que é a rúa de Buenos Aires, e ten como obxecto principal liberar de tráfico o núcleo da cidade.
Foi a raíz desa reunión da comisión conxunta sobre a Ap-9 que a Xunta se dirixiu ao alcalde de Vigo para solicitarlle unha proposta técnica que servise de base para analizar a viabilidade da actuación.
Sen embargo, tal e como destacou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, a documentación enviada polo Concello é un simple esquema que demostra a falta de interese real do goberno local no impulso desta obra.
Segundo sinalou, o proceder do Concello con esta actuación contrasta co xeito en que abordou outra actuación relacionada co Ministerio de Fomento, que é a remodelación da Avenida de Madrid, que tratou directamente coa Administración central do Estado. Sen embargo, co enlace de Buenos Aires semella preferir “facer ruído” a traballar seriamente.
A proposta enviada non foi elaborada polo Concello e só aborda a remodelación do enlace de Buenos Aires, sen reparar na conversión en urbano do treito da autoestrada. É ademais, unha proposta insuficiente para definir a integración da Ap-9 na trama urbana, xa que carece dunha avaliación das consecuencias que terían no tráfico as interseccións, na capacidade da propia autoestrada e na seguridade viaria.
Segundo apuntou, unha integración urbana é unha actuación complexa que require do estudo dos bordes de todo o tramo, de como se resolven as interseccións, da velocidade e das relaciones coas edificacións coa súa contorna, entre outros asuntos.
Menéndez considerou chamativo que esa proposta remitida sexa ademais diferente que a recollida no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Vigo aprobado en 2014 e á plasmada no Plan xeral de 2008 aprobado cando xa era alcalde o actual rexedor de Vigo.
Ademais, aclarou que no caso do Parrote da Coruña, a Xunta colaborou co Concello e a Autoridade Portuaria no financiamento dunha actuación urbana para a que se lle presentou un proxecto maduro, completo e definido, algo que o goberno local de Vigo non ten realizado.
O director da AXI e o delegado da Xunta salientaron que este Goberno galego está a realizar o maior esforzo investidor da historia en Vigo e comarca, coa depuradora, o Hospital Álvaro Cunqueiro, a estación intermodal, San Paio de Navia ou a Autovía do Morrazo como grandes exemplos.