Acompañada por Fabián Figueroa, director do videoclip, por Uxía Blanco, concelleira de Igualdade de Vigo e de Queiman, productor executivo de Queiman e Pousa, a artista viguesa (e tomiñesa, como ela mesma confesou) agradeceu a presenza de invitados e de público, e adicou o disco á xente falecida polos incendios estes días en Galicia, facendo referencia a que o titulo, «Respirar», era unha, durísima polas datas, coincidencia pensando no medioambiente e nos bosques da nosa terra.
Queiman agradeceu o traballo de Nani García, o director musical, e repasou a longa traxectoria de Andrea no mundo da muxica.
A concelleira asegurou pola sua banda, que “coñecendo persoalmente a esta dupla, Nani e Andrea, o disco sería un total éxito, pois “está feito por dous enormes profesionais que asinan calidade en todo o que traballan”.
Andrea asinou discos e carteis aos seus fans ao rematar a Rolda de prensa, e invitou a todos os vigueses a facer unha homenaxe a “Respirar” Galicia no seu concerto do próximo día 26 en Vigo.