O alcalde explicou que co gallo da conmemoración este martes 24 de outubro do Día das Bibliotecas, o goberno local ofrece unha actividade dirixida ao público infantil, que é gratuíta, pero para a que se precisa inscrición previa, cun máximo de 15 prazas dispoñibles.
A Biblioteca municipal Neira Vilas acolle a partir das 18:00 horas de hoxe o «Obradoiro de Ilustración» que imparte o debuxante Óscar Villán, que explicará aos cativos e cativas como se aborda o proceso de creación e realización da parte gráfica dun libro. Contará a súa experiencia e a de outros compañeiros debuxantes de profesión.