A proba, organizada por Avempo, a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra, mantén o percorrido de anos anteriores e pechará as súas inscricións este mércores a medianoite (www.laptime.es).
«Estou seguro de que Vigo será moi solidario e participará nas carreiras e andaina ou acudirá a dar o apoio a esta proba», sostivo o edil de Deportes, que «pretende chamar a atención sobre esta enfermidade e poñer en valor a solidariedade do pobo vigués con esta causa», dixo Fernández.
Sánchez agradeceu o apoio municipal («sempre nos axuda en todo o que pode», dixo) e lembrou que esta actividade «é unha forma de financiarnos para manter aberta a asociación; a Sanidade pouco nos axuda e en Vigo hai máis de 1.500 afectados por esta enfermidade; Avempo asiste a 70 diarios», explicou.
O circuíto dominical, con dúas opcións de 5K (5.050 metros) e 10K (10.100) irá dende a Alameda de Suárez Llanos (saída e meta) percorrendo Pescadores, Eduardo Cabello, Avenida Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás A. Alonso. A andaina dará unha volta ao circuíto.
«Levamos 850 inscritos e queremos chegar a 1.500», apuntou Alonso. A andaina xa conta con 330 anotados, mentres que as carreiras suman algo máis de medio milleiro.