O Concello de Vigo, ademais, urbanizará o resto do ámbito para dedicalo a espazo libre cunha praza de uso público, zona verde e aparcamento. A obra precisa a modificación da cualificación do terreo para que sexa un espazo de uso público colectivo, polo que se solicitará que sexa desenvolvido conforme á Lei 3/2016 de urxencia ou excepcional interese público.
Igualmente, a Xunta de Goberno deu o seu visto e prace aos convenios de colaboración do consistorio con varios centros educativos para a cesión de instalacións deportivas municipais para a práctica de deporte, que ascenden a case 50.000 euros.
En virtude dos convenios, o IES Teis utilizará o Pavillón Municipal de Teis que ten un valor de 7.600 euros, o IES San Tomé de Freixeiro empregará o pavillón municipal do Carme nas Travesas -valor de 6.200 euros-, o IES A Guía usará o pavillón de Teis, a piscina e a pista de tenis que ten un importe de 11.000 euros; o IES Santa Irene usará o complexo municipal de Travesas, cun importe de 11.000 euros, e o CEIP Altamar usará as Travesas cun valor de 9.500 euros.