A presidenta Carmela Silva argumentou que “desde a propia Constitución, artigos 140 y 141, a Lei de Bases de Réxime Local o a Carta Europea reflexan que a autonomía local, pedra angular da totalidade da lexislación básica e de réxime xurídico das entidades locais, establece claramente que a administración provincial so ten que dar conta e someter os seus proxectos, incluído o orzamento, ante o pleno da Deputación provincial. Os tempos nos que se pretendía controlar ás administracións locais chegaron ao seu fin. É hora de que se nos considere parte do Estado e , polo tanto, se respecte o marco constitucional e legal”
Silva ofrece “a nosa lealdade institucional para que, en aras do acordo e do consenso, podamos ter tantas reunións como sexan preciso para traballar polo crecemento, potenciación e desenvolvemento da provincia de Pontevedra, que é un dos territorios con maiores potencialidades de Galicia”.
En todo caso, como a solicitude de comparecencia enmárcase dentro da aprobación dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia, a presidenta destacou dentro deste ámbito, “o tratamento discriminatorio que están a sufrir Deputacións Provinciais de esta comunidade que non son gobernadas pola dereita, e nomeadamente a de Pontevedra, en comparación co trato que a Xunta mantén coa Deputación de Ourense, gobernada polo Partido Popular, coa que é habitual a sinatura de convenios e reparto de recursos que non chegan ao resto do territorio galego”. Silva engadiu que “esta situación discriminatoria, repítese tamén entre as administracións locais de gran parte de esta comunidade, polo que, de novo ao abeiro da aprobación dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia, é preciso destacar a importancia que tería o establecemento dun Fondo Local Incondicional para as entidades municipais co que se evitarían tratamentos discriminatorios ou a aprobación de axudas ad-hoc, elaboradas para a financiación de tan so parte dos concellos, maioritariamente coincidentes cos gobernados polo Partido Popular”
A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén lembrou que tanto en novembro de 2015 como en decembro de 2016 compareceu ante a Comisión do Parlamento “como xesto de cordialidade” e que, sen embargo, tivo que someterse “a ataques políticos que en ningún caso tiñan que ver co proxecto orzamentario da institución”. De feito, naquela ocasión, o goberno provincial trasladou ao Presidente da Cámara Galega, Miguel Santalices o seu malestar polo trato recibido de quen exercía a Presidencia da Mesa da Comisión, “sen obter ata agora nin tan sequera unha desculpa”