En concreto, con este investimento, encadrado ao abeiro da liña 1 do Plan, o concello de Gondomar puido instalar cinco novos xogos infantís, reparar outros dez, construír unha pista polideportiva e colocar mobiliario urbano como papeleiras e bancos de pedra. Respecto aos cinco xogos infantís incorporados ao Parque da Coelleira, trátanse dunha pirámide de cordas de aceiro, un bambán con cesta de polietileno, un tobogán, un panel de actividades e unha tirolina. En canto a pista polideportiva, esta é de 7x10m e conta con ocos a modo de portería e canastras de baloncesto.
En canto ao Plan Concellos 2017, o concello de Gondomar xa ten aprobado o 77,23%, isto é 726.505,59 € dun total de 940.746,04 €, un 7,4% máis que o ano pasado. Estas achegas da Deputación de Pontevedra serviron para a merca dunha desbrozadora de brazo lateral e un vehículo para a concellería de vías e Obras e o departamento de Benestar Social, para a construción da pasarela peonil na contorna do mercado de abastos, para levar a cabo actuacións de eficiencia enerxética e xestión intelixente en bombeos de augas residuais do concello,para a merca dunha miniexcavadora, para actuacións de seguridade viaria e reparación de camiños así como actuacións nas vías de Igrexa e San Martiño en Borreiros. Á marxe da liña 1 de investimentos, Gondomar tamén destinou as achegas provinciais para diferentes actuacións como a aula de teatro, Gondoverán, carreiras, obradoiros, a II Gala do Deporte, o vídeo promocional turístico do concello, o 400 aniversario do Conde de Gondomar, o programa de cinema, festas e cursos formativos. Amais, a institución provincial tamén aprobou investimentos para a contratación de 21 persoas para garantir a correcta prestación dos servizos municipais no concello.