A asociación reuniu a unha decena de músicos e grupos locais que ofrecerán unha sucesión de concertos breves en Príncipe, xunto ao propio museo. As bandas comezarán a tocar ás 18.00 horas fronte a fachada principal do MARCO, para a partir das 20.00 horas desprazarse á planta baixa.
“Este venres 10 de novembro, coincidindo coa fin de semana máis próxima á data do XV Aniversario do MARCO (13 de novembro), a AAM continúa coa súa campaña de apoio ao MARCO como proxecto profesional e independente”, anunciou a asociación.
Paralelamente, instalarán mesas informativas fronte á entrada principal do museo, de 11.30 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas, para informar ao público e recoller sinaturas do Comunicado ‘S.O.S. MARCO de Vigo’.
A relación de grupos implicados no evento e os horarios son os seguintes:
18:00 Su Garrido
18:15 Canta Mañás
18:30 Cinta Adhesiva
19:00 Dous
19:15 Apenino
19:30 Woody
19:45 Yerout MC Huesitxss
20:00 Emilio José
20:15 Juanma Lodo
20:30 Estrambote