O acto comezará ás 20:00 horas e que contará con dous padriños de luxo, dous emblemas do celtismo como Iago Aspas e Jorge Otero. O moañés é o futbolista referencia do actual Celta e a gran baza para que represente ao fútbol galego no próximo Mundial de Rusia. O nigranés, ademais de ser un dos xogadores máis representativos da historia do club olívico, foi mundialista en Estados Unidos 1994 e actualmente é adestrador do Arousa SC.
O evento contará tamén coa presenza dos títulos máis relevantes da historia do fútbol español: as Eurocopas de 1964, 2008 e 2012 e o Mundial de 2010. Os trofeos estarán expostos e todos os asistentes poderán fotografarse con eles.
Igualmente, á inauguración acudirán a secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, distintos directivos e representantes do Real Club Celta, así como dos demais clubs adscritos á Delegación de Vigo e numerosas personalidades vinculadas ó fútbol galego.
A nova sede consta de 1.100 metros cadrados, onde van a convivir a delegación federativa, a do comité de árbitros e a mutualidade.
Logo da inauguración de Vigo, a federación procederá a estrear a nova casa do fútbol galego en Santiago de Compostela, nun acto que comezará o domingo ás 12:00 horas.
Todo listo para celebrar esta tarde a inauguración da nosa nova sede en Vigo, que apadriñarán Jorge Otero e @aspas10. O fútbol vigués estrea casa!
? Manuel de Castro, 40
? 20:00 horas pic.twitter.com/GbjRo4JLRp— FUTGAL (@futgal) 16 de noviembre de 2017