Desde o organismo de conca inciden en que se trata de dúas opcións que se poderían realizar en poucos meses e chegar así a tempo en caso de que a entrada de auga no embalse de Eiras siga reducíndose. Nestes momentos o embalse de Eiras sitúase no 38,9% da súa capacidade. Esta cifra variaría ata chegar aos 161 días de conseguirse unha redución do consumo dun 25%, de aí o chamamento insistente á cidadanía e eido empresarial a facer un consumo responsable da auga.
Tras a análise nestas semanas de diferentes alternativas para paliar a situación de Eiras, proporase a existencia de dúas opcións que non precisan de azud, o que permite ademais de axilizar a execución ter un menos impacto ambiental ao non supoñer un novo obstáculo no canle do río.
Por parte da Xunta, estaríase en disposición de asumir a máxima cofinanciación de calquera dos dous proxectos polos que se opte, nunha porcentaxe similar á que se ten realizado en infraestruturas similares noutros sistemas de abastecemento, malia que o abastecemento é competencia municipal.
Con respecto á petición do Concello de Vigo de redución do caudal ecolóxico, a Xunta destaca que antes de tomar esa decisión é necesario certificar e confirmar que se teñen tomado outras medidas previas á redución do caudal ecolóxico. Tal e como recolle o real decreto no Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Plan Hidrolóxico de Galicia Costa, a redución do caudal estaría en segundo lugar tras o abastecemento da poboación.
Polo tanto, segundo o Goberno galego, non se pode asinar a resolución da rebaixa dun caudal ecolóxico mentres non se constate que non hai outras alternativas, do contrario poderíase incorrer nun delito ambiental. Non hai que esquecer que a rebaixa dun caudal pode xerar moitos prexuízos nun ecosistema.
Neste punto o Executivo autonómico sinala que, pese a terse solicitado o propio luns a certificación, os datos de Vigo non chegaron ata este xoves ao mediodía. Unha vez que a Xunta ten constancia destes datos, procedera ao seu análise e poderá tramitarse a revisión sobre a procedencia ou non da redución do caudal. A posible redución do caudal precisa non da autorización tras informes dos técnicos de Augas de Galicia e de Patrimonio Natural.
Ao encontro deste venres están convocados os concellos das zonas 1 e 2 da Demarcación Galicia Costa que se atopan en alerta por seca desde o pasado mes de outubro: A Lama, Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Nigrán, Ponte Caldelas, Redondela, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Porriño, Mos e Oia.