Trátase de 45 figuras de chan de ata cinco metros; tres árbores de gran formato; seis amendoeiras de 8 e 6 metros en Gran Vía e Carlos Oroza; catro parasoles na Praza Independencia, na da Pedra, na da Constitución e no cruce de Colón con García Barbón e Policarpo Sanz; iluminación do museo Marco, a Casa Galega da Cultura e a Casa das Artes; así como iluminación especial nas rotondas da Praza América e da Praza de España.
Como elementos especiais, salienta a bola instalada xunto a lámpada de Urzaiz, con 12 metros de diámetro e 14 metros de alto, 4.000 quilos de peso, 45.000 puntos de luz e unha potencia de 12.500 watios.
Igualmente, destaca a árbore de 31 metros -o do ano pasado foi de 25-, un diámetro de 12 metros, 20.000 quilos e unha potencia de 20.000 watios. Haberá ornamentación vexetal e non vexetal na rúa Príncipe, con cinco emprazamentos diferenciados, incluídas a Porta do Sol, Eduardo Iglesias e a Praza da Constitución.
Ademais, Papá Noel chegará a Vigo o día 2 de decembro para atender aos nenos e nenas na súa casa, instalada tamén na rúa do Príncipe.
Este ano, o Concello, ademais das figuras iluminadas da Concatedral, inaugurará a próxima fin de semana un Belén instalado na Casa das Artes un Belén que ocupa unha superficie de 100 metros cadrados . Son unhas 300 pezas de entre 24 e 25 centímetros realizadas por 30 persoas durante tres anos. Neste representación se reproducen os oficios da época, da vida cotiá, mercadeo, pastoreo….pero con referencias á cidade de Vigo como a Igrexa de Bembrive, a lonxa de pescado ou as ruínas de Toralla.