Nigrán contará na Ramallosa cos primeiros columpios inclusivos do municipio, aspecto fundamental incluído no programa de goberno ‘Un Nigrán para todos’. “Trátase de tres parques con moita afluencia e con elementos xa moi deteriorados e obsoletos, polo que están sendo xa renovados atendendo tamén ás necesidades dos nenos con algunha discapacidade, aspecto que temos en conta en tódolos nosos proxectos”, sinala o alcalde, Juan González.
Así, o parque infantil de A Ramallosa contará cun novo conxunto modular composto por torres con e sen tellado, ponte, dous tobogáns, barra de bombeiros e pasarela-tubo. Ademais, instalaranse 6 novos columpios (dous deles con asentos inclusivos, dous para bebés e outros dous convencionais) e un balancín de muelles adaptados de sete prazas. Ao mesmo tempo, antes de que acabe o ano, renovarase a pista multiusos da Alameda, en mal estado tras dez anos de antigüidade. O orzamento total ascende a 22.015 €. Compre salientar que neste 2017 o Concello de Nigrán habilitou na parroquia unha praza pública e parque infantil bautizado como ‘Parque da feira”, situado na rúa Damas Apostólicas e no que investiu 72.000 €.
Paralelamente, no parque infantil de Panxón instalarase unha pirámide de trepar de corda cunha altura de 6 metros e un diámetro de 10; unha tirolina de 25 metros de lonxitude e catro columpios, dous deles para uso simultáneo por adulto e bebé.
O investimento total é de 21.036 €
Finalmente, no parque infantil de Camos situado no centro cultural ‘A Camoesa’ instalarase un conxunto modular composto por torres con e sen tellado, pontes de barra fixa, tobogán, rede de trepar, escadas e columpio. Ademais, disporase dun balancín de tres prazas. O investimento total é de 13.000 €. Nesta parroquia o Concello habilitou hai un ano un novo parque infantil situado no torreiro de San Roque e actualmente estase a rematar a renovación do situado nas escolas de Balinfra, sumando ambos máis de 60.000 €.
“Nos próximos meses comenzarán as obras dos parques do Torreiro de Priegue, o parque José Vázquez Grela en Nigrán, a Praza do Torreiro de Parada ou o Parque de Poutón en Vilariño, cos que dotaremos a barrios e parroquias de novos espazos públicos e parques infantís”, resume o rexedor.