O belén poderá visitarse de luns a venres entre as 18.00 e as 21.00 horas, os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, os domingos e festivos desde as 12.00 horas en horario ininterrompido ata as 21.00 horas da noite. Ademais, en Noiteboa, Fin de Ano e o día da cabalgata de Reis permanecerá aberto entre as 12.00 e as 19.00 horas. Por último, os días de Nadal e Aninovo terá un horario especial de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
Ademais, dentro da programación de Nadal, este sábado 2 de decembro a oficinal municipal de distrito de Teis acollerá o Musical Máxico en favor de UNICEF. Será ás 18:00 horas cun programa chamado ‘Hai un conto que contaban as avoas’ e que inclúe máis dunha decena de actuacións con máis de 30 persoas en escena.