Así, como novidade instalouse unha pirámide de trepar de corda cunha altura de 6 metros e un diámetro de dez metros, unha tirolina de 25 metros de lonxitude e, ademais, renováronse catro randeeiras, dous deles con asentos para o uso simultáneo por adulto e bebé.
Esta obra forma parte do plan de renovación integral de tres parques infantís do municipio (A Ramallosa, Camos e Panxón) por un montante total de 56.051 euros.
“O de Panxón é un parque con moita afluencia e con elementos xa moi deteriorados e obsoletos, polo que consideramos prioritaria esta actuación”, sinala o alcalde, Juan González, quen avanza que nos vindeiros meses comezarán as obras para habilitar novos parques no Torreiro de Priegue, na praza José Vázquez Grela en Nigrán, praza do Torreiro de Parada ou no Poutón, en Vilariño.