Este sábado 16 a música das rondallas soará na Porta do Sol, en Travesas, no Calvario, Pi y Margall e Rosalía e o domingo 17 en Navia e no Calvario. Xa o venres 22 desfilarán por Navia, Travesas, Calvario e Teis e o sábado 23 polo Náutico, as Travesas, o Calvario e Lavadores.
Ademais, o Concello de Vigo organizará concertos de panxoliñas nos centros asistenciais e celebrará un recital de panxoliñas no Auditorio Municipal este venres ás 20:30 horas.