Os expositores de Ofeitoaman son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia e presentan obras acollidas baixo a marca oficial Artesanía de Galicia, que garante a súa cualificación e orixe. Este ano, ademais dos expositores habituais, participan por primeira vez tres novos obradoiros: Paznavas da Coruña, con complementos artesáns; Rosa Fraiz, ourive de Vigo; e Nuria Benlloch, deseñadora e artesá de Vigo, que presenta complementos de moda.
A feira supón unha proposta de mercado de Nadal monográfico, no que os obradoiros participantes presentan as súas creacións orixinais directamente ao público, como unha alternativa cargada de autenticidade, fronte a outros agasallos máis convencionais. Toda a información sobre os expositores pode consultarse na web www.ofeitoaman.org.
O evento permanecerá aberto ata o día 5 de xaneiro, pechando os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. O horario de visita é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21.00 horas. Os días 24 e 31 de decembro os postos pecharán ás 19.00 horas).