Os interesados en optar a este contrato temporal a tempo completo deben dirixir as instancias ao Alcalde do Concello de Ponteareas que se poderán presentar no prazo de vinte días naturais a partir de hoxe luns día 18 de decembro.
Para a praza de condutor deberá estar en posesio?n da ESO ou equivalente, e do carne? de conducir C+E. Para a praza de peo?n grumir estar en posesio?n da titulacio?n de certificado de estudios primarios.
Ambas prazas pertencen na actualidade ao servizo de extincio?n de incendios e emerxencias, polo que a praza de condutor, aparte das funcio?ns propias de conducio?n dos vehi?culos propios do departamento, estara?n inclui?das todas aquelas propias do departamento o que estara?n destinados e que impliquen a su?a participacio?n activa nos servizos de emerxencia que se requiran e que xeralmente sera?n as da participacio?n conxunta co peo?n grumir o que acompan?e.
Co obxectivo de garantir á veciñanza un servizo e unha cobertura máis ampla a Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, convoca estas prazas para completar o cadro de persoal do servizo de extincio?n de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8 na actualidade.
“A necesidade deri?vase fundamentalmente que na actualidade existen no cadro de persoal 10 prazas no servizo de extincio?n de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8. O incremento da plantilla é fundamental para evitar producir un extraordinario nu?mero de horas extras, asi? como a necesidade de acudir de xeito continuado a contratacio?n temporal para cubrir as quendas, que dado o cara?cter do servizo pre?stase 24 horas o di?a os 365 di?as do ano”, explica Vanesa Fernández.
O goberno engade que cumpre así co compromiso que adquiríu de mellorar un servizo esencial non só para o Concello de Ponteareas se non tamén para o outros oito concellos que atende o servizo.