Neste sentido, Beatriz Mato Otero comprometeuse co rexedor a colaborar financeiramente na redacción do devandito plan. Tal e como se recolle nas ordes que regulan as axudas a entidades locais para formulación de plans urbanísticos, a achega económica da Xunta podería chegar ata o 80% do custo total do PXOM, ao tratarse Redondela dun concello de entre 20.000 e 50.000 habitantes.
Nestes momentos, o Concello de Redondela réxese por unhas normas subsidiarias aprobadas no ano 1987 polo que a intención do goberno local é dotar ao municipio o antes posible do seu primeiro plan xeral urbanístico, que sería un planeamento adaptado xa á Lei 2/2016 do Solo de Galicia.