XUVENIL MASCULINO: Andalucía, 22 – Galicia, 20
Partido moi intenso e serio dos dous equipos, conscientes do que se xogaban, o pase á final do Campionato. A loita resultou de poder a poder nas dúas áreas, e se o marcador non foi máis amplo foi debido ás fortes defensas expostas na pista das Travesas, e pola meritoria intervención das dúas porterías. E aí estivo a chave do partido: o porteiro andaluz, Roberto Rodríguez, convirteuse no protagonista indiscutible do partido, cunha incrible estadística de paradas, superando o 60%.
Os galegos nunca se renderon, vendo que a victoria era posible, pero unha e outra vez toparon co gardarredes andaluz. Meritorio encontro no que os dous equipos o deixaron todo na pista. Viuse un fermoso espectáculo de balonmán, acompañado do gran ambiente no graderío, con moita animación de parte das afeccións galega e andaluza. Mañá renovarán os ánimos para morder o bronce do Campionato enfrentándose a selección madrileña, que perdeu noutra tamén moi intensa semifinal contra Cataluña. Este domingo, Galicia xogará polo terceiro posto contra Madrid (09:00 horas, Vermella – As Travesas).
Andalucía, 22: Roberto Rodríguez, Pedro Castro (2), Jorge Luis Fernández (4), Raúl Pavón (4), Pablo Tiessler, Francisco Javier Cintas, Carlos Tiessler, Juan Palomino (2), Domingo Jesús Luis Mosquera, Javier Arribas (5), Pablo Fernández Molero (4), Juan Marcos Remena, Carlos Gonzáles (1), Pedro Reina, Francisco Alcaide, Miguel Ángel Iniesta.
Galicia, 20: Víctor Doval, Javier Figueroa (1), Cristian Remeseiro, Brais González (1), Rubén Fernández (3), Roi Sierra, Andrés Vila (3), José Leiras (2), Álvaro Preciado (2), Rokkvi Pacheco, Bruno Vázquez (4), Martín Gayo (3), Yago Santomé, Daniel Fernández, Samuel Barciela, Gonzalo Domínguez (1).
Parciais: 3-1, 4-2, 5-4, 7-5, 9-7, 11-8 (descanso), 14-11, 16-12, 18-13, 20-16, 21-18, 22-20 (final).
INFANTIL FEMININO: C. Valenciana, 24 – Galicia, 15
Foi un partido no que as minigalaicas non ofreceron a súa verdadeira cara, debido ó gran golpe anímico pola eliminación en cuartos de final do día anterior. Caer por un gol pasa factura e ao equipo costoulle levantar a cabeza para saír á pista. A C. Valenciana, un equipo xa coñecido na fase de grupos, amosou ambición e intensidade dende o primeiro minuto, ao contrario que as galegas. As valencianas non deron opción ningunha ao longo de todo o encontro. O torneo está a resultar agridoce para as infantís, que este domingo terá oportunidade de loitar alomenos polo 7º posto do Campionato. A selección galega infantil feminina xogará agora polo polo sétimo posto contra Madrid (9:00 horas, A Seca Poio).
C. Valenciana, 24: Sabina Mínguez, Claudia Juan (1), Estela Ballesteros, Candela Galíndez (3), Alejandra Sánchez (4), Andrea Herraiz (1), María Pilar López (5), Martina Antillaque (4), Elena Balaguer (2), Nuria Cardona (2), Marta Botella, Paula Zamora (1), María Carrillo (1), Paula Carro.
Galicia, 15: Mariam Mera, Alba Afonso, María González (3), Lucía Álvarez (3), Helena Sánchez, Carla Baltasar (1), Mara González (1), Athenea Barreiro (1), Naira González, Claudia Peña (1), Lucía Villamarín (1), Aroa Patiño, Yaiza Alonso (4), Carla Vidal, Lorena Vaello, Noelia Solla.
Parciais: 3-1, 7-2, 10-5, 11-6, 12-7 (descanso), 14-7, 18-10, 21-11, 24-13, 24-15 (final).
CADETE MASCULINO: Navarra, 25 – Galicia, 38
Este sábado os cadetes quixeron demostrar o seu potencial de xogo. Comezaron o partido cos nervios lóxicos da loita polo mellor posto posible. Foron asentando pouco a pouco e impuxeron as súas opcións en ataque con unha gran actuación de Anxo. Chegan ao descanso cun 16-19. Na segunda metade tamén melloraron a súa defensa, xunto con excelentes intervencións do porteiro co que se atopaban os lanzamentos navarros unha e outra vez. Unha táctica que propiciou rápidos e furiosos contrataques galegos para acadar este marcador tan amplio. Este sábado sairán motivados para acadar o meritorio 5º posto do campionato contra Andalucía (10:30 h pavillón de Candeán, Vigo).
Navarra, 25: Ander Martín, Mikel Atxalandabaso, Mikel Goiburu (2), Pablo Itoiz, Alejandro Ortiz (6), Nicolas Ayucar (5), Pablo Pérez (1), Iñaki Goñi (1), Jon Enderiz (2), Juan Ortiz (1), Daniel Calvo (1), Pablo Fernández (2), Pedro Casas (3), Eloy Cupeiro, Asier Yurrita (1), Xabier Eguillor.
Galicia, 38: Pablo González, David Álvarez (3), Carlos Álvarez (2), Mario Cancela (1), Víctor Fernández (5), Diego Pérez (2), Roi Gallego, Jaime Leira, Javier Iglesias (2), Carlos Mariño (2), Daniel Gómez (4), Anxo Fraga, Alejandro López (5), Román Arboleya, Alejandro Gómez (5), Mateo Arias (7).
Parciais: 2-2, 5-6, 9-10, 12-13, 14-17, 16-19 (descanso), 17-22, 18-27, 20-29, 22-31, 23-34, 25-38 (final).
XUVENIL FEMININO: Galicia, 26 – Valencia, 31
Nun partido no que se xogaba poder acceder ao 5º posto do campionato, as galegas estiveron irregulares. A primeira parte estivo moi igualada durante os 20 primeiros minutos, pero as valencianas cambiaron a unha defensa aberta coa que lograron distanciarse de 3 goles. Na reanudación o equipo valenciano volveu a aumentar a intensidade defensiva, que xunto coas precipitacións galegas en ataque fixo que se aumentara a distancia ata 6 goles de diferenza. Nos minutos finais a selección galega intentou meterse no partido, con máis posesión e concentración achegándose a 2 goles no marcador, pero finalmente o mellor xogo valenciano propiciou a súa victoria. Co obxetivo do ascenso logrado, as xuvenís loitarán este domingo polo 7º posto do Campionato contra Castilla La Mancha (09:00 h pavillón de Navia)
Galicia, 26: Uxía Ferreiro, Sarai Espiñeira (2), Marta Groba (1), Lara Docampo (1), Raquel Sineiro, María Pereira (5), Sandra Sánchez, Ángela Rodríguez (4), Andrea Fernández (2), Begoña Otero, Uxía López (1), Sandra Blanco, Aitana Santomé (9), Sara Estévez, María Groba, María Álvarez (1).
Valencia, 31: Lucía Téllez, Keyla Hernández (2), Victoria Arroniz (4), María Fernández (1), Paula Arcos (5), Francisca Meca (1), Patricia Méndez (4), Elena Martínez (2), Lucía Prades, Clara Gasco (9),Eva Ramírez (1), Clara Pereiro (1), Narcisa Frujinoiu, Clara Ester Hernández (1).
Parciais: 2-3, 3-7, 4-8, 6-11, 9-12, 11-14 (descanso), 12-17, 14-20, 17-22, 20-24, 23-27, 26-31 (final).
CADETE FEMININO: Cantabria, 21 – Galicia, 33
Bo partido das cadetes galegas, aínda que as xogadoras costoulles concentrarse no partido de inicio, con perdas de balón e fallos en defensa que aproveitaron as de Cantabria para levar o peso do encontro e irse de 3 goles no marcador. Pero no minuto 20, despois dun tempo morto chegou a reacción galega con nada menos que un parcial de 0-7, chegando ao descanso con un marcador 11-15. Xa na segunda parte o equipo galego non quixo dar opción alguna as rivais, dominando tanto en facetas de ataque como en defensa. As cántabras nunca conseguiron achegarse a menos de 5 goles de diferenza. Despóis deste bo sabor de boca, espera este domingo a final de Copa contra Castilla León (10:30 h pavillón de Moledo), un premio que axudaría a dixerir o descenso de categoría.
Cantabria: 21: Ana Torre, Marina Campos (2), Andrea Gutiérez, Carmela Pérez, Lucía Saez (2), Marta Rodríguez (4), Ana Arozamena (7), Lydia Blanco (1), Ainhoa Gil, Manuela Peña, Laura Torralba, Natalia Gabriela, Lourdes Simón, Jana Cuesta (5),Inés Zapala.
Galicia, 33: Adriana Ayude, Adriana Mallo (2), Antía Seijo (9), Verónica de Cristófaro (1), Silvia Leiras (3), Ithaisa Trigo (4), Carme Castro (4), Marta Dasilva (3), Area Martínez, Paula Gómez (1), Antía Estévez, Sara Román, Ana Benavides (1), Laura Magdaleno (2), Sabela Abalde, Sabela Miniño (3).
Parciais: 3-2, 6-5, 9-6, 11-8, 11-10, 11-15 (descanso), 12-16, 15-22, 18-25, 20-28, 20-31, 20-31 (final).
INFANTIL MASCULINO: Galicia, 20 – Castela a Mancha, 24
Non está sendo o campionato dos infantís. Para este partido a mellor definición foi un querer e non poder nesta nova derrota. O partido arrancou con un ritmo elevado por ambas as dúas partes, con intercambio de goles e tamén de erros, chegando con un marcador de 8-11 ao descanso. Reanudouse a segunda parte cun ritmo similar á primeira, con cambios de posesión e constantes pérdidas de balón nas dúa áreas. Os castelán-manchegos foron quen de manter a diferenza no marcador a pesares dos intentos galegos por reducila. Este sábado, partido polo 3º e 4º posto de Copa, contra Asturias (09:00 h pavillón de Sequelo – Marín).
Galicia, 20: Daniel Pérez, Vicente Enrique Domínguez (1), Manuel Pérez Mateos (4), Manuel Couso (1), Julián García, Esteban Puñal (2), Gael Blanco (2), Rubén Sequeiros, Sergio Blond (2), Roberto Castro (2), Jorge López de León, Diego Rodríguez (4), Martín Fuentes, Pablo Gándara (2), Jorge Domato, Luis Álvarez.
Castela a Mancha, 24: Luis Gallego, Óscar Donaire (2), Alejandro Fernández-Almoguera, David González (4), Gonzalo Cruz, Ignacio Cabanes, Jaime Colmena, Alonso García-Astilleros, Álvaro Martín (1), Daniel Fernández (4), Roberto Fecheta (1), Juan Ramón Toribio (3), Alonso Toribio (3), Carlos Ocaña (3), Jorge Moreno (3).
Parciais: 3-2, 5-4, 8-6, 8-8, 8-11 (descanso), 10-12, 12-16, 14-18, 16-22, 20-24 (final).