«Non é Sergio Ramos polo que nunca será TT. Se tedes 30″ botade unha ollada a este vídeo. É a entrada en meta de Borja Gómez Méndez, do Club Ciclista Ponteareas, no Campionato de España cadete de ciclocross. Borja ten síndrome de down e conseguiu acabar a carreira. Isto é DEPORTE». Esta mensaxe do xornalista galego Alfonso Hermida correu como a pólvora na noite do sábado. O seu post nas redes socias ía acompañado dun vídeo no que aparecía Borja entrando na meta de Legazpi.
Non é Sergio Ramos polo que nunca será TT. Se tedes 30″ botade unha ollada a este vídeo. É a entrada en meta de Borja Gómez Méndez, do Club Ciclista Ponteareas, no Campionato de España cadete de ciclocross. Borja ten síndrome de down e conseguiu acabar a carreira. Isto é DEPORTE pic.twitter.com/bddFp0pqH3
— Alfonso Hermida (@alfhermida) 13 de enero de 2018
A historia do corredor xa deu a volta a España grazas a que a Federación Galega de Ciclismo decidiu incluír a Borja Gómez na convocatoria da Selección de Galicia para participar no Campionato de España Loterías de Ciclocross que se disputa do 12 ao 14 de xaneiro na localidade guipuscoana de Legazpi. «Con esta citación búscase darlle visibilidade ás persoas con discapacidade que practicando ciclismo son todo un exemplo de integración e superación», explica a Federación.
Borja xa é un habitual das probas do calendario galego de ciclocross e por primeira vez representou a súa comunidade autónoma na gran cita estatal desta modalidade. «Pola súa constancia e espíritu de sacrificio convertiuse nun referente para outros nenos con algún tipo de discapacidade e que desaxan gozar co deporte», enganden.
Dando este paso adiante a Federación Galega de Ciclismo afirma que desexa por en valor o traballo que está facendo a prol da integración das persoas con discapacidade. Deste xeito, quérese abrir un camiño que non dubiden en seguir outras seleccións. O organismo autonómico está volcado no apoio a estes deportistas e esta medida únese a outras. Este ano a Selección de Galicia participou nos Campionatos de España de ciclismo adaptado con seis handbikers, unha cifra nunca ante alcanzada. Ademais, a nivel individual os ciclistas galegos teñen recibido becas para competir ao máximo nivel no calendario estatal.
Así, o corredor do Ponteareas recibiu unha espectacular ovación do público dende a primeira pedalada. Defendendo as cores da Selección deu unha lección de superación e integración abrindo o camiño para que outros nenos e nenas con Síndrome de Down sigan os seus pasos.