As entradas comezarán a venderse o 16 de xaneiro con prezos que van desde 5 aos 10 euros. A programación incluirá actividades tanto para adultos como para público familiar e unha delas estará destinada a bebés.
A novidade do trimestre consistirá nun programa especial denominado 3x3m que ofrecerá tres espectáculos, tres disciplinas en tres espazos distintos do propio Auditorio, como son os camerinos, o vestíbulo e o propio escenario.
En 2017, VigoCultura tivo máis de 8.000 espectadores, cunha media media de 200 persoas por espectáculo.