O obxectivo é bater o récord turístico de 2017, o mellor da historia da cidade, e seguir promovendo a candidatura das illas á Patrimonio da Humanidade. A estes datos, contribuíron cuestións como as Cíes, o Marisquiño, os concertos do verán ou as luces de Nadal, salientan desde o Concello.
A previsión de 2018 é superar os 400.000 visitantes que Vigo acolleu o pasado ano. A presentación da cidade olívica en Fitur terá lugar este xoves.