Este inclúe a limpeza dos 34 pozos de bombeo de augas residuais cos que conta o municipio e 4.115 metros de colectores. Dita actuación forma parte do plan preventivo programado entre concesionaria e Concello para a posta a punto da rede municipal e evitar así problemas aos veciños conectados ás redes de saneamento.
Trátase da primeira campaña preventiva das catro que se realizarán ao longo do ano e o obxectivo é garantir o mellor servizo para a tempada de choivas facendo fincapé nos puntos definidos como conflitivos (baseándose en distintos aspectos tales como estado e antigüidade da rede, volume de auga residual que soporta, problemáticas que adoita presentar, tempo transcorrido desde a última limpeza e a propia experiencia da concesionaria do servizo). Paralelamente, lévanse a cabo limpezas correctivas para os atascos que se producen de forma imprevista e que se resolven de forma practicamente instantánea.
Os traballos realízanse con medios mecánicos grazas a un camión de impulsión-succión de última xeración que facilita o labor aos operarios ao tempo producen as mínimas molestias aos veciños porque veñen dotados dun sistema de redución de ruídos. O vehículo conta cunha tobera que se introduce nos colectores e succiona os residuos ou impulsa auga a gran presión dependendo do tipo de obstrución que se detecte. Con este sistema extráese tódolos elementos acumulados dentro e que dificultan a circulación das augas residuais, podendo chegar a producir inundacións nas rúas. Así, os colectores recuperan a súa capacidade hidráulica de transporte.
Colaboración cidadá
Concello e Aqualia inciden na necesidade de que tódolos veciños se conciencien co bo uso do sistema público de rede de sumidoiros, evitando arroxar suciedade, verquido, toallitas hixiénicas, bastoncillos ou papeis á rede de sumidoiros, elementos que provocan obstrucións e malos cheiros nas rúas.