Para participar nesta viaxe é preciso ser maior de idade e elixir unha das catro modalidades que se ofrecen: Modalidade A -que inclúe curso de esquí, aluguer de equipos, viaxe e pensión completa cun prezo de 161 euros-, Modalidade B -que inclúe aluguer de equipos, viaxe e pensión completa cun prezo de 154 euros-, Modalidade C -que inclúe viaxe e pensión completa por 133 euros- e Modalidade D -que inclúe aluguer de equipo de snowboard, viaxe e pensión completa por 185 euros-.
Os interesados en participar xa poden formalizar a súa inscrición e teñen de prazo ata o 26 de febreiro. Para elo, teñen preferencia os empadroados en Mos e a admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello ata cubrir o límite de prazas (55). A lista de admitidos publicarase o 27 de febreiro no concello, na OMIX ou na web do Concello.
O mínimo de persoas para que se realice a excursión será de 35. No caso de quedar prazas vacantes, poderán asistir persoas maiores de 35 anos ou que non figuren empadroadas en Mos.
Deste xeito, Participación Cidadá quere ofertar outro ano máis unha excursión de fin de semana á neve promovendo así posibilidades de ocio entre xoves. Este ano, valorando novas opcións, decidiuse levar esta actividade a outra estación -o ano pasado viaxouse a Leitariegos-, ofrecendo así resposta ás peticións da mocidade.
Segundo o Concello, os obxectivos desta iniciativa son “favorecer a participación dos mozos, coñecer un medio natural diferente, aproveitar os recursos existentes, favorecer as relacións e as actividades en grupo, promover formas de ocio alternativas e saudables e adquirir novas experiencias apropiadas a idade dos participantes”.