O alcalde, Abel Caballero, destacou que se trata dun «novo paso» despois de «oito anos de paralización» e recordou que Vigo ten «unha gran débeda» en canto a vivendas de protección. «O único plan para ofrecer aos vigueses vivenda protexida está en Cambeses e na rúa Chantada grazas a que o Concello cedeu os terreos», apuntou Caballero.
Neste caso as derrubas para desenvolver o Plan Parcial de Navia afectan a tres construcións da rúa San Paio, unha no Camiño da Serra e outra na rúa Cañiza, en total uns 1.500 metros cadrados que permiten ampliar o PAU en dirección a Samil, Avenida Europa e rúa Porriño.