O planeamento de intervención, que terá que ser aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, xa está en proceso de elaboración. A duración estimada dos traballos no xacemento será de seis meses.
Esta nova intervención concluirá os traballos nas zonas xa escrutadas durante campañas anteriores e restaurará e consolidará más de 30 estruturas. Ademais, preténdese intervir sobre algunhas zonas nas cales non se escavou toda a superficie en actuacións pasadas. O obxectivo final é a creación dunha zona a visitar para o seu aproveitamento turístico de máis de 1500 metros cadrados.
Deputación de Pontevedra e Concello de Cangas colaborarán na promoción e difusión da intervención ademais de organizar visitas guiadas ao público en xeral e visitas de colexios para que poidan seguir os traballos no xacemento. Igualmente, está prevista a realización de conferencias sobre temática arqueolóxica na zona.