Grazas ao acordo realizaranse obras de mantemento interior do Pazo dos Marqueses de Mos, consistentes en traballos de optimización tales como labores de pintado e barnizado, entre outras melloras necesarias.
Así mesmo, o documento regula a colaboración entre ambas entidades en relación ao uso das instalacións do Pazo de Mos por parte do Concello e a súa achega económica. O consistoro colaborará co mantemento, ben realizando unha achega económica directa de 12.000 euros anuais ou ben realizando traballos ou aportacións materiais por un importe igual ou superior a este. Neste último caso sempre dacordo coa directiva da Fundación Pazo de Mos.
A cesión de locais buscará cumprir cos destinos previstos nos estatutos da Fundación: actividades de interese xeral ou para a veciñanza, informativa, culturais, sociais e deportivas organizadas polo Concello. Os espazos disporanse dacordo ás necesidades previstas para a actividade concreta.
Grazas a este convenio o Concello de Mos ten dereito preferente do uso do auditorio para a realización dos plenos mensuais.
A duración deste convenio é anual polo que a data de finalización do mesmo é dun ano despois da data da súa sinatura. A renovación do documento realizarase automaticamente se ningunha das partes manifesta a súa vontade de non renovación cun mes de antelación á data de finalización.
O emprazamento
O Pazo de Mos é un edificio de interese cultural e histórico catalogado por Patrimonio como ben a conservar.
Antiga residencia dos Marqueses de Mos, destruído durante a invasión francesa no ano 1809 e que agora atópase restaurado, está situado no núcleo histórico de A Rúa, no Camiño de Santiago á beira da Igrexa parroquial e do edificio ‘A Casa Blanca’, que foi a Casa Consistorial e actualmente é un Albergue de Peregrinos.