Así, os promotores da proba asumiron que “debe prevalecer a seguridade” por riba de todo. A data na que se retomará o evento está “aínda por determinar”.
Con todo, as inscricións permanecerán abertas ata este xoves ás 23:59 horas, tal como estaba previsto e abrirase un novo prazo antes da nova data de celebración do evento, que se dará a coñecer proximamente, “respectando todas as inscricións realizadas ata a data”.
A organización tamén precisa que o regulamento non sufrirá ningún tipo de modificación, máis alá das datas de entrega de dorsais e da propia carreira. Esta é a primeira proba deportiva que anuncia a súa suspensión en Vigo aínda que ante o mal tempo e o aviso da Aemet o máis probable é que non sexa a única.